Por Galicia Confidencial | Verín | 17/10/2023 | Actualizada ás 09:00
A citada exposición, que será de carácter gratuíto, reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas dá vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
Con este proxecto de difusión internacional divúlgase en países dos cinco continentes a obra e o pensamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950), un dos creadores galegos máis polifacéticos e singulares. Agora, dentro do programa Corrente Cultural, Afundación fai itinerante este proxecto para que chegue a cada punto da nosa xeografía.
Esta mostra enmárcase en Cultura por alimentos, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) que promove a colaboración dos visitantes á mostra doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.
Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición “Castelao grafista (facsímile)” é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.