A que se aveciña en Tomiño

A que hai montada en Tomiño a conta do novo vial que unirá Tui e A Guarda...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/07/2008 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Este movemento de protesta xurdiu pola intención do departamento que entón dirixía Alberto Núñez Feijóo de montar o trazado do vial a carón da actual estrada que une Tui coa Guarda o que motivaría numerosas expropiacións e derribos de casas. Pero, co novo executivo, esta opción desbotouse por custosa e porque infrinxe leis ambientais ao transcorrer, nalgúns tramos, a menos de 500 metros do río Miño.

Aínda así, e polas numerosas protestas dos veciños, Política Territorial presentou tres alternativas das cales, quédase coa B polo menor custe económico, ambiental e social. Con todo, segue habendo moitas persoas afectadas. O concello xa rexeitou a tres alternativas e os veciños xa se organizaron nunha nova plataforma.

Nunha multitudinaria xuntanza que mantiveron o pasado sábado decidiron convocar accións de protesta contra o actual equipo municipal (especialmente, contra o BNG e Centristas de Tomiño), ao que responsabilizan desta situación, e presentar unha batería de alegacións ante a Xunta. Dende o concello din entender a estes veciños e mesmo os apoiarán nas súas alegacións, pero critican a manipulación política á que están sometidos.

Unha das principais afectadas pola nova alternativa é a nai dun dos líderes de Alternativa Tomiñesa, un partido excindido do PP (vinculado a Diz Guedes e no que que tamén participou o empresario tomiñés fugado, Manuel Martínez Barros), que obtivo dous concelleiros nas últimas eleccións. Esta nova formación xa anunciou a súa intención de liderar as protestas, nas que tamén estará o PP, a pesar de foi durante a súa última lexislatura cando se comezaron os estudos de trazados deste vial.

Dende o concello, que dirixe a nacionalista Sandra González, criticase á Consellería de Política Territorial por "non ter dado a cara" ante os veciños de Tomiño nin ter presentado de xeito oficial as tres alternativas ao vial. De feito, foi o delegado da Consellería de Traballo, o guardés Pedro Borrajo, quen tivo que asumir "este marrón". Parece que a poucos meses das autonómicas plantexase no Sur de Pontevedra un conflicto que pode convertirse nun importante dor de cabeza para o goberno municipal e para o autonómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 santi

Van contra o Bloque e centristas porque son ós que responsabilizan da situación. Na reunión do sábado case nin se mentou ó PSOE. Eu estiven alí e os ánimos estaban moi tensos. Case lle dan unhas ostias a un por dicir que o concello non tiña a culpa, que era cousa da Xunta. Houbo unha muller que mesmo animou ó resto a "colgar polo balcón do concello" (sic) á alcaldesa e a Castiñeiras, que é o tenente alcalde, de Centristas.

5 anónimo

ou será que o bloque tamén ten a súa parte de responsabilidade?

4 tinto

O sorprendente, ou habitualmente sorprendente, é que na nova diga que lle van montar o lío ao BNG e Centristas de Tomiño e non ao PSOE que está na consellería e no goberno tripartito de Tomiño. Será cousa do Confidencial ou o PP está xogando a Maquiavelo?. Ou serán as dúas cousas nunha?.

3 anónimo

bule os nacionalistas do bloque non son demos son do anxo; polo tanto, anxiños.

2 bule bule

Si,...pero non a Consellería Caride que é socialista. Estamos en precampaña, e se os socialistas teñen que vender a súa nai, póñenlle un laciño e a vendela.
Nunca se caracterizaron pola súa lealdade. Non vexo por que non ían a facer iso agora. Por que non criticas iso anti-nonseiqué??
Por que non criticas ó transtorno bipolar dos socialistas? Pobriños, que son uns anxiños sometidos os demos nacionalistas.
Estes socialistas pensan que todos somos parvos coma eles. Canto te apostas a que Touriñín y Caridín na campaña electoral irán a Tomiño e diran que isto non vai con eles??