A Xunta acusa a Sánchez de "alentar" aos 'okupas' coa nova lei de vivenda

A conselleira Ángeles Vázquez evita pronunciarse sobre unha posible modificación da lei galega do litoral e avanza que o primeiro "é defenderse"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de "alentar" aos 'okupas' coa nova lei de vivenda.

Así o explicou nunha entrevista na SER, recollida por Europa Press, na que explicou que o que busca é "sentar nunha mesa", analizar os artigos que consideran inconstitucionais, aínda que recoñeceu que hai "liñas vermellas" que a Xunta "non quere pasar".

"Unha delas é que entendemos que non se lle poden dar os dereitos aos 'okupas' fronte aos propietarios dunha vivenda, non poden obter unha vivenda pública un 'okupa' igual que aquela persoa que está nunha lista para tela", esgrimiu.

LEI GALEGA DO LITORAL

En canto á lei galega do litoral, explicou que "non sabe de que trata" o ditame do Consello Consultivo e avanzou que ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a ministra informoulle de que o recurso ía ao Consello de Ministros pero que, a partir de aí, "non saben nada máis".

Vázquez indicou que o único que queren é que "non se lles roube" a posibilidade de defenderse e por máis que analizan "non lle saen" os 31 artigos que o Goberno dixo que eran inconstitucionais.

Ángeles Vázquez no pleno do Parlamento de Galicia
Ángeles Vázquez no pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta