O TS analizará, tras recurso de CIG, as incompatibilidades de contratos fixos descontinuos en períodos de inactividade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior (TS) admitiu a trámite o recurso da CIG para dirimir se o réxime de incompatibilidades aplícase en períodos de inactividade dos contratos fixos descontinuos.

En 2020, a instancia do sindicato CIG, un traballador fixo descontinuo de seis meses dos servizos antincendios da Xunta gañou unha sentenza na que se lle outorgaba o dereito a traballar no municipio durante o período de suspensión do seu contrato. O Goberno galego recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que deu a razón á administración e denegou poder traballar en períodos de suspensión do contrato.

Agora, con notificación do 17 de outubro, o Supremo traslada que analizará o recurso de casación interposto pola CIG, o que o sindicato valora como unha "boa noticia", á vez que espera que "se faga xustiza".

E é que a CIG acusa á Xunta de realizar unha interpretación "retorta" da incompatibilidade para "asoballar" e "abusar" do seu persoal, o que "atenta co dereito ao traballo" e "aboca a unha vida de miseria" aos empregados que deben "subsistir por baixo do Iprem" (o indicador da pobreza para 2023 está nos 600 euros brutos mensuais).

Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, durante a crise do coronavirus
Corredores do complexo administrativo de San Caetano, sede da Xunta, durante a crise do coronavirus | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta