Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 18:03
A vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defende "lexislar aquilo que o Goberno ten sen lexislar" en materia de costas, tras a admisión a trámite por parte do Tribunal Constitucional dun recurso do Goberno central polo que suspende os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da lei galega de acompañamento aos orzamentos para 2023.
Tras esa decisión, a Xunta defende que con eses artigos na lei de acompañamento búscase que "se actúe por parte das administracións nun máximo de 15 anos". En concreto, os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da lei de acompañamento limitan a un prazo de 15 anos o prazo de obrigación de restitución de obras ilegais en zona de dominio público marítimo-terrestre e abre a porta á súa regularización tras ese período, o que choca coa lexislación estatal.
Por outra banda, Vázquez censura que o recurso presentado polo Goberno central contra a lei galega de litoral --neste caso aínda pendente de que o Tribunal Constitucional se pronuncie sobre a súa admisión a trámite-- ten "moito máis de político que de xurídico".
"PARALIZACIÓN TOTAL E ABSOLUTA"
Tras este recurso, a Xunta alerta dunha "paralización total e absoluta" da actividade económica na costa galega, "mesmo" para dotar de servizos a vivendas en costas. Pon o exemplo dunha vivenda de Queiruga, en Porto do Son, na que "non se permite a reposicion da canalizacion", na que "van quedar sen auga potable e saneamento".
E avisa de efectos á cadea mar-industria á que "non permiten reposicións de servizos mínimos. Asegura que, "agora mesmo", a unha industria á que queira facer calquera ampliación ou cambio "estáselle dicindo que non".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.