Un incendio activo na planta da empresa Sogarisa nas Somozas, na zona rexistráronse varias explosións

O lume iniciouse sobre as 16,20 horas nas instalacións situadas no polígono industrial. Non se rexistraron feridos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2023 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A planta que a empresa Sogarisa ten no polígono industrial das Somozas rexistra desde as 16,20 horas deste domingo un incendio nas súas instalacións dedicadas á reciclaxe de residuos industriais.

Segundo puido saber Europa Press, na zona rexistráronse varias explosións, que precederon ao comezo das chamas, afectando a unha zona na que se almacenaban distintos produtos.

Desde o 112 mobilizouse aos Bombeiros do Eume, con sede nas Pontes, GES de Ortigueira, Bombeiros de Ferrol e os efectivos de extinción de Barreiros, ademais da Garda Civil.

Ademais, no momento do incendio había na planta varios traballadores, que saíron da zona sen que se rexistraron feridos.

Incendio na planta de Sogarisa nas Somozas (A Coruña).
Incendio na planta de Sogarisa nas Somozas (A Coruña). | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta