Investigan a aparición de 4.000 paquetes de tabaco flotando no río Ulla

Foi a altura de Pontecesures.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Uns 4.000 paquetes de tabaco foron recuperadas da auga ao longo dos dous últimos días despois de que empezasen a aparecer cartóns flotando no río Ulla á altura de Pontecesures.

Fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press apuntan que do río foron sacados uns 400 cartóns que conteñen, cada un, dez paquetes de tabaco. Toda a mercadoría foi posta en mans do Servizo de Vixilancia Aduaneira, mentres que a Garda Civil abriu dilixencias para investigar a orixe do tabaco, que empezou a aparecer na mañá do pasado sábado no náutico de Pontecesures.

Tabaco aparecido no río Ulla
Tabaco aparecido no río Ulla | Fonte: Remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta