Os cemiterios galegos adiantan a súa hora de peche pola borrasca Ciarán

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2023 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia



Os cemiterios galegos adiantan a súa hora de peche este mércores, Día de Todos os Santos, polos fenómenos adversos que se prevé que deixe a borrasca Ciarán en toda Galicia.

Así, o Concello de Vigo anunciou que os cemiterios municipais pecharon ás 16 horas, dúas horas antes da súa hora habitual (as 18,30 horas).

Ademais, quedan suspendidas todas as actividades de Samaín: en Calvario, Independencia, Príncipe, e Navia.

Pola súa banda, o Concello da Coruña, dada a alerta de vento, pechará o acceso principal ao cemiterio de San Amaro ás 16,00 horas, aínda que permanecerán abertas as laterais ata as 19,00 horas.

A Casa das Ciencias, situada no Parque de Santa Margarita, tamén permancerá pechada desde as 14,00 horas e ata novo aviso, da mesma forma que o propio acceso ao parque.

Así mesmo, o Concello de Santiago tamén ordenou o peche dos parques "mentres persistan estas condicións meteorolóxicas adversas".

Unha persoa camiña no cemiterio de San Amaro
Unha persoa camiña no cemiterio de San Amaro | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta