Rueda elude a concesión da Medalla de Madrid a Israel: "non vou entrar"

O presidente da Xunta remarcou que é unha "decisión" do goberno madrileño.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 02/11/2023 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, evitou opinar sobre a aprobación dunha iniciativa de Vox cos votos do PP para iniciar a tramitación da concesión da Medalla de Honra de Madrid a Israel e remitiu a que se trata da "decisión" do goberno madrileño.

Arquivo -   Alfonso Rueda     Foto Xoan Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo
Arquivo - Alfonso Rueda Foto Xoan Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo

"Estea ou non de acordo, non vou entrar", respondeu o titular da Xunta na comparecencia posterior á reunión do seu Goberno, ao ser preguntado polos medios se comparte a decisión do seu correlixionario de partido de apoiar esta medida impulsada por Vox.

Segundo o aprobado no pleno de Cibeles, a cidade de Madrid concederá a Medalla de Honra a Israel, condicionada ao informe dos Cronistas da Villa, e que contou co rexeitamento dos partidos da esquerda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta