Falece aos 78 anos Xan María Castro, ex-secretario xeral de CC.OO. e presidente da Fundación 10 de Marzo

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/11/2023 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia lamentou o falecemento, aos 78 anos, de Xan María Castro Paz, ex-secretario xeral do sindicato e presidente da Fundación 10 de Marzo. A Comisión Executiva Nacional da organización manifestou o seu "profundo pesar" ante a "irreparable perdida dun mestre" para moitas xeracións de sindicalistas e "protagonista da memoria obreira do pobo galego".

Segundo informou o sindicato, Xan María Castro era natural do barrio coruñés de Monelos e desde moi novo comezou a militar nas Xuventudes Comunistas que posteriormente pasou a ser CC.OO. En 1978 foi elixido secretario xeral de CC.OO. da Coruña e tres anos despois foi escollido secretario de organización do sindicato nacional de CC.OO. de Galicia, do que foi secretario xeral entre 2000 e 2009. En maio de 2013 asumiu a presidencia da Fundación 10 de Marzo de CC.OO.

Xan María Castro
Xan María Castro | Fonte: CC.OO. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Foi-se um herói.