Galicia gaña poboación polos estranxeiros e volve superar os 2,7 millóns de habitantes

Segundo os datos provisionais do INE, do terceiro trimestre, a comunidade perde residentes de nacionalidade española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2023 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

A poboación galega a 1 de outubro de 2023 sitúase en 2.703.517 habitantes, o que supón 3.579 persoas máis que o anterior trimestre, segundo os datos provisionais que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este martes.

Deste xeito, Galicia volve superar os 2,7 millóns de habitantes, cifra da que baixara nos últimos trimestres. O aumento de residentes é maior na comparativa cun ano antes, 6.759 persoas máis que en outubro de 2022. O INE explica que "se debeu case na súa totalidade ao incremento de persoas nadas no estranxeiro". De feito, a poboación estranxeira en Galicia pasa de 145.930 persoas no segundo trimestre a 149.594 no terceiro trimestre, 3.664 máis. E son case 17.000 máis na comparativa interanual.

En cambio, a comunidade galega perde residentes de nacionalidade española, son 2.553.923 en outubro, uns 10.000 menos que un ano antes. Por sexos do global de 2,7 millóns habitantes, a repartición é o seguinte: 1.300.293 homes e 1.403.224 mulleres. No entanto, o crecemento poboación relativo de Galicia no terceiro trimestre respecto ao segundo, un 0,13% máis, é o cuarto máis baixo entre comunidades, e supón a mitada da media de avance do 0,25% no país.

Un grupo de persoas con paraugas durante o paso da borrasca Aline.
Un grupo de persoas con paraugas durante o paso da borrasca Aline. | Fonte: Álvaro Ballesteros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta