Sociólogo sobre as letras do 'reggaeton': "Inflúen no subconsciente dos máis novos, aínda que pensemos que non"

Tik Tok está cheo de bailes de nenas menores de idade que cousifican o seu corpo, quizáis sen darse de conta ou ben sendo plenamente conscientes, reproducindo letras de cancións dos seus ídolos que se basean nas relacións sexuais nas que se exerce violencia sobre a muller. Esta é a opinión de Jorge García Martín, un experto da USC, sobre a cuestión.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 14/11/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A música que triunfa na actualidade entre a mocidade é, sen lugar a dúbidas, o reggaeton, un xénero musical baseado moito no ritmo, pero cuxas letras deixan moito que desexar. Tik Tok, rede social por excelencia dos máis mozos, está pragado de bailes de rapaces e rapazas que tratan de reproducir os trends e coreografías que amosan os seus ídolos, todos cantantes de reggaeton cuxas letras cousifican ás mulleres e sométenas sexualmente. Danse conta os pequenos do que están a escoitar? Pode que non de xeito directo, pero os expertos aseguran que as mensaxes van quedando no subconsciente. E é que non hai que ser un xenio para darse de conta que as coreografías que reproducen encerran un contido sexual inapropiado en certas idades, que pode ver calquera con tan só meterse na plataforma, teña e idade que teña, o que inclúe tamén a pederastas.

A cantante Emilia nunha parte do 'videoclip' de 'GTA'
A cantante Emilia nunha parte do 'videoclip' de 'GTA' | Fonte: YouTube

Canto hai de certo en que esas mensaxes vanse gravando no subconsciente dos nenos e nenas? Dende Galicia Confidencial falamos co sociólogo da Universidade de Santiago de Compostela Jorge García Martín, que nos conta que "actualmente hai toda unha sexualización da vida" e, curiosamente, "eu creo que é como se se lle restase cada vez máis importancia ao tema". Está ben naturalizar o sexo, pero non é necesario que se adiante tanto no tempo nin que se faga dunha forma que pode resultar confusa para os máis pequenos. "Non cabe dúbida de que a música actual cousifica o corpo das mulleres tanto nas letras como nos videoclips, con cancións que falan da explotación do corpo das mulleres", evidencia o experto, que amósase alertado porque "semella que a isto non se lle da moita importancia".

De feito, é habitual hoxe en día ir a calquera parque, evento nun centro comercial ou festival de colexio e ver como os menores están escoitando e bailando este tipo de música. E os pais non parecen preocupados, lonxe diso, mesmo os gravan para compartir nas súas redes ou ensinarllo a amigos e familiares, como se fose algo gracioso ou do que gabarse. "Cren que este tipo de discursos non están a influír na súa subxectividade, e a verdade é que todas esas decenas e decenas de mensaxes e vídeos claro que van creando un poso á hora de normalizar certas cousas", asegura García, que plantexa que, ante este contexto, "logo tampouco nos estrañemos de ver condutas de agresividade sexual ou de que rematemos por normalizar cousas que non deberían normalizarse, porque en certa medida tamén as estamos a banalizar".

Pois o que se está a facer en todas esas cancións, na súa opinión, é "entender o corpo da muller como un reclamo tanto no vídeo como na letra", e todo "sen darlle a importancia que teriamos que darlle". Ante isto, considera necesario "ás veces poñernos en pausa e pensar sobre o tipo de valores que estamos introducindo na nosa sociedade", en lugar "de seguir mirando para outro lado". E é que de pouco valen todas as políticas que se están poñendo en marcha na actualidade para loitar contra a violencia de xénero se despois aceptamos e mesmo nos gabamos de ter cancións con certas letras que son exemplos de violencia contra as mulleres. Ao final as nenas e os nenos van reproducir eses patróns cando crezan. O sociólogo da USC apunta a que "deberían existir, cando menos, discursos que supoñan unha contraparte, pero non os hai, non encontras un discurso alternativo fronte a toda esa cosificación denigrante do acoso sexual e a cousificación".

EXEMPLOS DE CANTANTES HOMES

Dende Galicia Confidencial entramos en Tik Tok para ver algúns destes vídeos de coreografías e vemos que na música máis descargada e máis viral para a creación de contidos aparecen letras que son un verdadeiro escándalo. De feito, na súa maioría falan de sexo e de relacións de dominación do home sobre a muller. A continuación deixámosche algúns exemplos:

- 'Me escapé' - Lauty Gram x Doble P x Gusty DJ: 'Me escapé de mi mujer, y los totos empezaron a llover, mami perreando en la pared'.

- 'Lollipop' - Darell: 'Yo se lo metí y piché, le dí tanto bicho que hasta la embiché, ella quería un polvo y yo como siete le eché'.

- 'Lalala' - Mike Towers: 'La, la, la, la, la, tú quieres mami, se le viran los ojos, dime si yo te cojo, la miro y se relambe, el pintalabios rojo'.

- 'La Triple M' - Mawell: 'Y ahora se puso más rica con sus nalgonas y esas tetitas, con ese pelo... ai diablo que rica'.

- 'Diluvio' - Rauw Alejandro: 'Castígala, castígala, me envió una foto por texto, que me espera sin nada puesto, okey, baby, escucha el concepto, tú virada con las nalgas paradas y las manos cruzadas, que parezca un arresto'.

- 'Una foto' - Mesita: 'Tírame una foto, que se vea, en la nave mientras hacemos cosas feas, mami ese toto, bellaquea'.

- 'Con silenciador' - Anuel AA y El Alfa: 'Haz coro conmigo para que te hagas millonario, yo le meto el bicho y lo siente hasta los ovarios'.

- 'Punto G' - Quevedo: 'Y te toqué el punto G, tú gritándome, dando, dándote, bando, bandolera'. 

EXEMPLOS DE CANTANTES MULLERES

Todas as anteriores están cantadas por homes, pero non son os únicos que denigran ás mulleres ou que exercen violencia sobre elas nas letras, pois tamén hai mulleres dentro da industria que nas súas letras cousifican o seu propio corpo e as relacións sexuais que manteñen. A continuación deixámosche outros exemplos:

- 'GTA' - Emilia: 'Soy tu fan, por vos me hago un Only Fans, para que todos puedan ver lo rico que me comes, nuestra pose en 4K en tu BMW, vamos al asiento de atrás, nos ponemos Triple X'.

- 'Su payita' - Bad Gyal: 'Dijo mami chula, por que no nos vamos de aquí? Y mientras lo decía se pegó más a mí, él dice que soy su payita'.

- 'Qlona' - Karol G y Peso Pluma: 'Qué hijo de putas ganas tengo de besarte, te ví en una foto y te imaginé sin ropa, te mentiría si no estoy loca por verte, con ese jeancito cómo te ves de culona'. / 'En la disco mero perreo, te pusiste minifalda para ver si yo te gateo, un besito para sentir ese goteo y prendí la cámara para grabarte un vídeo, no te voy a mentir, no paro de imaginarme tu culo en tanga, pónteme de espaldas hasta que el sol salga'. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta