Alerta pola lingua azul no gando galego

Detecados novos focos en Abegondo, Frades e Santa Comba. Galicia vai ser incluído como nova zona restrinxida en España fronte ao serotipo 4 da lingua azul.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2023 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura a detección de 10 vacas con lingua azul en tres novos focos en senllas explotacións na provincia da Coruña: Abegondo, Frades e Santa Comba.

Medio Rural lembra que esta enfermidade non afecta as persoas, só a determinadas especies de rumiantes domésticos, fundamentalmente gando ovino e bovino. Así mesmo, non é contaxioso entre animais, só adquírena se son picados por un mosquito infectado portador do virus causante.

Coa declaración oficial dos novos focos ata data deste xoves na provincia da Coruña, todo o territorio de Galicia vai ser incluído como nova zona restrinxida en España fronte ao serotipo 4 da lingua azul, polo que é necesario acometer a vacinación de animais sensibles nestas novas zonas de restrición.

A Xunta destaca que leva vacinados preto de 360.000 animais entre a primeira e segunda fase da campaña de vacinación, que comezou o 7 de marzo.

Vacas
Vacas | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta