Falece un home tras sufrir un accidente cun chimpín en Cerdedo-Cotobade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O home de 51 anos falecido nun monte de Cerdedo-Cotobade, na zona de Rebordelo xunto ao Monte Facho, non presenta signos de violencia nin traumatismos achacables a un accidente, segundo as primeiras observacións no levantamento do cadáver e á espera da autopsia que determine a causa de forma definitiva.

Fontes da Garda Civil de Pontevedra explicaron que un veciño avisou do ocorrido sobre as 20,50 horas, como así tamén recibiu o aviso a Central de Atención ás Emerxencias 112.

O cadáver apareceu xunto a un vehículo agrícola tipo chimpín. Segundo as informacións dispoñibles da investigación, este veciño acudira ao monte para recoller leña.

Por mor do sucedido, o 112 Galicia púxose en contacto con Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil e Protección Civil, pero os efectivos confirmaron que o home falecera. O corpo estaba accesible e non foi necesaria a intervención doutros recursos.

Accidente de tractor agrícola
Accidente de tractor agrícola | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta