Por E.P. | Compostela | 14/11/2023 | Actualizada ás 20:19
Santiago de Compostela prepárase para recibir este venres a nova onda da electrónica que trae debaixo do brazo a neoyorkina de raíces surcoreanas Yaeji, que chega á capital galega da man de SON Estrella Galicia.
A Sala Capitol será o epicentro dunha xornada que vai máis aló do son dificilmente clasificable co que Yaeji conquistou ao público desde a súa irrupción no panorama musical no ano 2017, cando a publicación de dous EP situárona como unha das figuras a seguir no panorama da electrónica.
Nomeada en 2022 pola publicación de referencia 'Pitchfork' como una as '25 figuras artistas que marcarán o futuro da música' e tras ser portada de MixMag, Crack ou The Fader; Yaeji está asentada como unha das referencias da electrónica que escapa de cinguirse a etiquetas e que salta do hip hop ao techno ou do house ao bedroom pop.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.