Un home enfróntase a máis de 22 anos de prisión por roubar e agredir sexualmente dunha muller de 77 anos

O xuízo será o vindeiro xoves na Audiencia Provincial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2023 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense xulgará o vindeiro xoves a un home que se enfronta a máis de 22 anos de prisión por agredir sexualmente a unha muller de 77 anos e varios roubos con forza. Segundo o escrito Fiscal, os feitos remóntanse a xullo de 2007. Concretamente, o día 7 dese mes o procesado accedeu ao interior dun establecemento de hostalaría na localidade ourensá de Ribadavia e levou diñeiro en efectivo, diversas xoias e roupa.

O día 18 o home entrou nunha vivenda e apoderouse de varias xoias cun valor pericial que ascende os 1.090 euros e que foron recuperados pola súa propietaria. Días máis tarde, concretamente o 27 de xullo entrou nunha vivenda onde se atopaba a propietaria do inmoble, á que lle colocou no pescozo un coitelo de 16,5 centímetros de folla, mentres lle dicía "vouche a matar se non me dás o diñeiro". A muller entregoulle 80 euros, pero o home "con animo de satisfacer as súas apetencias sexuais" introduciuna no dormitorio, sen deixar de esgrimirlle en coitelo, obrigouna a espirse e tapoulle a boca. Acto seguido, tombouse sobre ela, penetrouna vaginalmente, mordeulle os peitos, introduciulle os dedos na vaxina e no ano e, finalmente, penetrouna analmente. Como consecuencia, a muller sufriu diversas lesións que requiriron asistencia facultativa e quedoulle como secuela un trastorno depresivo.

Por todo iso, Fiscalía pide dous anos de prisión polo delito de roubo con forza, quince meses por furto, 15 anos por agresión sexual, catro anos por roubo con violencia, dous meses por lesións, así como 23 anos de prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima.Ademais, deberá indemnizar á muller con 30 euros polo diñeiro subtraído, 340 polas lesións causadas, 6.000 euros pola secuela e outros tantos polo dano moral.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta