A Xunta convoca oposicións para nove procesos selectivos

Saen máis de 300 prazas de emprego público na Administración galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2023 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia acaba de convocar oposicións para cubrir máis de 300 prazas de emprego público na Administración galega. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a convocatoria de nove procesos selectivos.

En concreto convócanse 331 prazas, todas elas de acceso libre, e ás que poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos. O total de prazas convocadas distribúese da seguinte maneira: por unha banda, 134 prazas no ámbito dos servizos con 117 prazas na especialidade de limpeza e cociña, e 17 na escala técnica de mantemento de servizos.

No ámbito ambiental e dos recursos naturais e forestais convócanse 161 prazas: 96 postos na escala técnica de xestión ambiental, 42 na agrupación profesional para a especialidade de recursos naturais e forestais, 16 na escala auxiliar de recursos naturais e forestais para a especialidade de oficial, e sete prazas na escala técnica de recursos naturais e forestais na especialidade de capataz. Ademais, convócanse 15 prazas para a escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos; 12 prazas para a escala técnica de análise de laboratorio; e outro nove para a escala técnica de delineantes.

Oposicións ao corpo superior da Xunta / XUNTA. / Europa Press
Oposicións ao corpo superior da Xunta / XUNTA. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta