Portos de Galicia autoriza a actividade de transporte marítimo de pasaxeiros no porto de Carril

É o punto de saída máis próximo para o traslado de pasaxeiros desde terra ata a Illa de Cortegada, incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2023 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, incluíu o porto de Carril, no municipio pontevedrés de Vilagarcía, no inventario das instalacións portuarias desde as que está permitida a prestación, previa tramitación administrativa correspondente, do servizo de transporte marítimo de pasaxeiros.

O formulario activo para a solicitude de prestación do servizo estará dispoñible nas próximas horas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do impreso IF504B. A tramitación desta solicitude poderá facerse en liña, cumprindo os requisitos que se recollen no formulario. O porto de Carril, de titularidade da Xunta, é o punto de saída máis próximo para o traslado de pasaxeiros desde terra ata a Illa de Cortegada, enclave turístico de especial relevancia incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Linguas.
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Linguas. | Fonte: CAPTURA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta