Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/11/2023 | Actualizada ás 11:38
O xuíz da Audiencia Nacional que investiga o naufraxio do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo', naufragado en febreiro de 2022 en augas de Terranova, tomará declaración este luns como investigados a partir das 09.30 horas a dous directivos de Pesqueiras Nores, a armadora do navío.
En concreto, segundo fontes consultadas por Europa Press, son o director xeral da compañía, José Antonio Nores, e o responsable de Frota da empresa, José Antonio Nores, pai e fillo. Ambos acudirán a declarar ante a Audiencia Nacional en calidade de investigados pola súa presunta responsabilidade no naufraxio.
Trátase dunha dilixencia solicitada pola defensa da familia dos 21 falecidos, despois de que presentasen unha querela non só contra o capitán do barco, senón tamén contra a propia armadora.
O mesmo día tamén está previsto que declaren tres mariñeiros que formaron parte da tripulación da Villa de Pitanxo en mareas anteriores. Tamén foron citados, por videoconferencia, tres tripulantes do buque portugués Novo Virxe da Barca, un dos pesqueiros que acudiu en auxilio do Pitanxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.