A franquicia resiste á crise da pandemia e medra en facturación

Ascende en facturación e en número de empregos creados e Galicia está entre as cinco comunidades con maior número de centrais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/12/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O sistema de franquicias fixo fronte á crise provocada pola pandemia, xa que medrou un 2,9% en cifra de facturación, ao pasar dos 26.154,3 millóns de euros rexistrados a finais de 2019 aos 26.959 millóns facturados ao peche de 2022. Outro dato relevante é que a franquicia segue sendo un modelo de negocio que xera emprego, de 2019 a 2022, aumentou nun 3,18%. Estes datos forman parte do informe "A franquicia en España 2023" da Asociación Española de Franquiciadores (AEF) en colaboración con Cajamar, que reflexa a realidade do sistema de franquicias.

Presentacion
Presentacion

O sistema de franquicias español está integrado actualmente por 1.375 redes das cales un 82,6% son de orixe nacional. O sector que conta con maior número de marcas é o de "Hostelería/Resturación"; seguido de "Moda" e "Beleza/Estética". No que atinxe á facturación, o sector da Alimentación foi o que máis obtivo. Das 1.375 redes, a comunidade que conta co maior número de centrais continúa sendo Madrid con 401 e Galicia sitúase entre as cinco que acaparan o 80% do total. Son 48 as centrais no noso país e son dúas menos que en 2019. 

Un dos aspectos máis signiticativos do sistema de franquicias é que segue xerando emprego. Este modelo de negocio, en 2022, daba traballo a 303.595 persoas, un 3,18% máis que en 2019. Por sectores no que máis traballan é no de Alimentación; Hostelería/Fast Food/ Hostelería/Restaurantes/Hoteis; Beleza/Estética; e Servizos/Transportes.

"Os datos ao peche do 2022 son positivos para o sistema de franquicias, hai crecemento en facturación e xeración de emprego, e os descensos son pouco significativos en número de redes e establecementos", explica Eduardo Abadía, director executivo da AEF. Pola súa banda, Luisa Masuet, presidenta da AEF, asegura que sistema amosou a súa "fortaleza" por ser "maduro e dinámico para facer fonte ás épocas de crise". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta