Sanidade adxudica a unidade móbil de radioloxía que dará servizo aos centros de saúde semiurbanos e rurais

O equipo iniciará a súa actividade de forma piloto en centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, co obxectivo de avaliar a súa posible extensión a toda Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2023 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade adxudicou unha unidade móbil de radioloxía que dará servizo a centros de saúde semiurbanos e rurais, por un importe de 370.000 euros.

O equipo iniciará a súa actividade de forma piloto en centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, co obxectivo de avaliar a súa posible extensión a toda Galicia.

Segundo informou a Xunta, a adxudicación desta unidade forma parte dun investimento do Executivo autonómico de 30 millóns de euros, en reforzo do equipamento da atención primaria.

Esta unidade móbil contempla unha sala de radioloxía dixital con capacidade para desprazarse de forma periódica ás inmediacións dos diferentes centros de atención primaria que non contan con servizo de radioloxía e poder realizar as probas programadas para os pacientes dese centro.

Ademais, terá unha área de acceso e recepción dos paciente e outro de exploración, con vestiario e lavabo. Esta zona de exploración terá unha protección de chumbo para protexer da radiación ionizante do equipo.

Sistema de radioloxía dental en tres dimensións
Sistema de radioloxía dental en tres dimensións | Fonte: HM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta