Alcaldes socialistas de Pontevedra asinan un manifesto que reclama publicar o Plan Máis Provincia da Deputación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2023 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Os 19 alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia de Pontevedra reclamaron a inmediata publicación das bases do Plan Máis Provincia, co que a Deputación que substituirá ao Plan Concellos.

No documento, sinalan que xa van cinco meses desde o cambio de goberno na Deputación de Pontevedra, "tempo suficiente para que se aprobasen as bases do novo Plan Máis Provincia", anunciado polo presidente da institución, Luis López, o pasado 16 de outubro.

No manifesto, os rexedores lembran que as bases do vixente Plan Concellos foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do pasado 30 de outubro de 2022, polo que o atraso deste ano é máis que evidente. "Os alcaldes e alcaldesas temos bloqueada a planificación do próximo ano e a tramitación dos orzamentos municipais porque coñecer a letra pequena e a dotación que nos vai a corresponder co plan de financiamento regulado da deputación para 2024 é fundamental", indica o texto.

Os rexedores lembran que o actual presidente da Deputación tamén foi alcalde e que este plan de obras e servizos é unha obrigación recollida na Lei de Bases de Réxime Local. Ademais, censuran que, por primeira vez tras oito anos, non puideron aínda porse a traballar coa suficiente antelación nos orzamentos municipais.

Así mesmo, sosteñen que despois de que se lles anunciase na reunión pública que o montante total do plan crecerá ata 48,2 millóns de euros, non poden aceptar, en ningún caso, unha asignación menor da que recibiron co Plan Concellos 2023. "E tampouco que os crecementos entre concellos sexan desiguais e non obxectivos", indicaron.

"Cambiar o que funciona e suscitou un gran consenso na provincia sería un grave erro", criticaron.  Neste sentido, os rexedores aseguran no manifesto que a Deputación de Pontevedra deu un gran avance en 2016 ao pór en marcha o Plan Concellos, cuxo balance foi de "éxito".

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en comparecencia parlamentaria. PARLAMENTO
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, en comparecencia parlamentaria. PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta