Armadora e familiares destacan o "trato exquisito" de Escocia aos dous feridos no accidente do "Lodario"

Seguen hospitalizados en Glasgow e evolucionan favorablemente.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/12/2023 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Os dous tripulantes do pesqueiro vigués 'Lodairo', que o pasado 29 de novembro sufriron un accidente cando facían labores de mantemento a bordo, a unhas 100 millas das illas Hébridas de Escocia, permanecen hospitalizados no centro Queen Elisabeth de Glasgow, e evolucionan favorablemente.

Así o trasladou a armadora do barco, a viguesa Ancora, que confirmou que o responsable da empresa, Iván López Van der Veen continúa na cidade escocesa, acompañando aos familiares dos mariñeiros feridos, desde que ambos foron evacuados e ingresados na UCI dese hospital.

Tanto a armadora como as familias dos tripulantes expresaron a través dun comunicado a súa "gratitude" aos servizos de rescate de Reino Unido e ao persoal do hospital Western Isles de Stornowy (onde chegaron primeiro os feridos) e do Queen Elisabeth de Glasgow, particularmente aos profesionais das áreas de Coidados Intensivos e Traumatología.

"O seu trato exquisito cara aos familiares, respectando a súa intimidade, e o apoio recibido, están a ser fundamentais no proceso de recuperación, tanto dos propios tripulantes, como das súas familias", apuntou Iván López.

Ancora tamén quixo agradecer o "incrible" labor e tesón da tripulación do 'Lodairo' durante os primeiros auxilios prestados aos accidentados, xa que o seu grao de formación en materia sanitaria e o apoio recibido polo Centro Radiomédico de España permitiron estabilizar aos mariñeiros ata a chegada do helicóptero de rescate.

O arrastreiro 'Lodairo', da pesqueira Áncora, con porto basee en Vigo.. SALVAMENTO MARÍTIMO
O arrastreiro 'Lodairo', da pesqueira Áncora, con porto basee en Vigo.. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta