Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2023 | Actualizada ás 13:56
A Consellería de Economía, Industria e Innovación denunciou "a ineficacia" do Goberno central para mellorar a tramitación das axudas para o autoconsumo e almacenamento enerxético convocadas no marco de fondos europeos e que "dificultan" o acceso da cidadanía e do tecido empresarial.
A Xunta lembrou, a través dun comunicado, que este programa dirixido ao fomento do autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables convocouse por primeira vez en 2021 e desde entón "advertiuse da complexidade" dunhas bases reguladoras que "dificultan a súa tramitación e o acceso a elas".
Por iso, a Administración galega solicitou ao Executivo central mediante o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) un cambio nas bases para facilitar que estas axudas chegue de "unha forma áxil e simple" aos seus beneficiarios. "A resposta do Goberno foi a de aumentar os requisitos xa impostos aos beneficiarios", criticou a Xunta nun comunicado de prensa.
Desta forma, puntualizou en que "a pesar da falta de empatía e incapacidade" do Goberno do Estado para "mellorar as condicións", o Executivo que dirixe Alfonso Rueda solicitou a ampliación dos fondos destinadas a estas axudas e anunciou que "redobrará o seu esforzo" para que as achegas cheguen "a quen máis as necesite".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.