BNG e PSdeG dan por "finiquitada" a lexislatura e pedirán un balance a Rueda no pleno tras aprobar os orzamentos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición (BNG e PSdeG) deron por "finiquitada" a lexislatura, cuestión que atribúen ás propias accións do PPdeG, e, en todo caso, dado que conclúe o período de sesións, pedirá un balance deste catro anos de lexislatura ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control.

Serán dous días, o martes e o mércores, de intensidade parlamentaria co debate de cinco textos lexislativos. Así, o martes quedará aprobado o orzamento de Galicia para 2024, a "primeira" comunidade que contará cos seus orzamentos, destacou o portavoz popular, Alberto Pazos Couñago. Seguidamente, debaterase o informe do relatorio da Lei de medidas fiscais e administrativas, tamén coñecida como lei de acompañamento. En ningún dos dous casos incorporáronse emendas da oposición, pero si do PPdeG.

A sesión plenaria, que non parará ao mediodía, seguirá co debate do proxecto de lei de Calidade Alimentaria (que superou o último trámite en comisión) e co de transferencia da AP-9, cuxo ditame tamén vén de recibir luz verde. Finalmente, o BNG incorporou a súa proposición de lei para a reforma da lei electoral, que en esencia pretende rebaixar aos 16 anos a idade para votar e que pide fixar por lei dous debates políticos en campaña electoral coas principais forzas.

Reunión da Xunta de Portavoces
Reunión da Xunta de Portavoces | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta