A Policía Nacional desaloxa aos representantes dos sindicatos educativos encerrados en San Caetano

O seu obxectivo era que os recibise o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e que puxese unha data para "negociar unha mellora" do convenio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

A Policía Nacional desaloxou aos representantes dos sindicatos CIG-Ensino, STEG e CSIF que se encerraron na mañá deste mércores en San Caetano co obxectivo de que os recibise o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e que puxese unha data para "negociar unha mellora" do convenio asinado pola Xunta, CC.OO., UXT e ANPE.

Segundo informou a CIG nun comunicado, o desaloxo produciuse apenas tres horas e medias despois de que chegasen á Xunta. Para o sindicato esta actuación "volve mostrar unha actitude antidemocrática" do conselleiro ao "negarse a fixar unha reunión".

"Unha vez máis o titular de Educación mostra falta de diálogo coa representación sindical do profesorado galego. O seu equipo escudouse en que este mércores tiña actos fóra de San Caetano pero negouse a establecer unha data para recibir á representación maioritaria do persoal docente do ensino público galega", detallou no comunicado.

A CIG-Ensino avanzou que "continuarán con accións reivindicativas" ata conseguir que o conselleiro "atenda ás demandas" que expresou o profesorado galego "con contundencia" nos últimos meses, coa súa participación en dúas xornadas de folga, asistindo ao tres manifestacións e con accións de protesta en máis de 330 centros educativos.

"DIÁLOGO CONSTANTE E PERMANENTE" COS SINDICATOS

Pola súa banda, a Xunta, consultada por Europa Press con anterioridade ao desaloxo dos representantes sindicais, declarou que manteñen un "diálogo constante e permanente" coas organizacións sindicais. Como exemplo, entre outros, a Administración autonómica puxo o "acordo histórico" de "melloras do sistema educativo" con tres do catro sindicatos con representación na Mesa Sectorial Docente, que é o levou aos profesores á folga e polo que os sindicatos se encerraron nesta xornada nas dependencias da Xunta.

"A vontade de diálogo permanente é tal que esta mesma semana responsables da CIG-Ensino foron recibido por responsables da Dirección Xeral de Recursos Humanos", detallou o Executivo autonómico. A continuación, detallou que tras o acordo do convenio "xa houbo" outra reunión da Mesa Sectorial Docente, onde está representada a CIG. "E nesta liña seguiremos traballando, con novas convocatorias da Mesa Sectorial en próximas datas", sentenciou a Xunta.

Desaloxan de San Caetano aos representantes sindicais.. CIG
Desaloxan de San Caetano aos representantes sindicais.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta