A febre pola compra de paquetes sorpresa feitos coas devolucións de Amazon chega a Vilagarcía

Que produtos te podes atopar no interior dunha caixa misteriosa pola que pagas 10 euros? Imaxínaste? Pode haber un dron ou un móbil, aínda que tamén unhas zapatillas ou unha pelota. Quen sabe?

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 14/12/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Todo o mundo coñece Amazon, esa grande empresa que vende todo tipo de produtos, de todo tipo de tendas e a prezos moi competitivos. Pero tamén todo o mundo ten mercado algunha vez por Amazon e non recibir o produto adecuadamente ou coas mesmas características coas que o pideu. Que se fai entón? Claramente, devolvelo. E a onde van esas devolucións? Se pensabas que llas encasquetarían a outros clientes, estás moi equivocado. A política de empresa de Amazon non permite volver mandar os produtos que foron devoltos a outro cliente, de tal maneira que os van almacenando nas súas sucursais. Feixes e feixes aos que, ata fai ben pouco, non había como darlle saída. Hoxe por hoxe, xa está solucionado: hai empresas que se adican a mercar esas devolucións e revendelas por un prezo máis barato do que custan os produtos orixinalmente.

Centro Loxístico de Amazon
Centro Loxístico de Amazon | Fonte: AMAZON - Arquivo

Isto era algo moi popular nos Estados Unidos que chegou non fai tanto a Madrid, onde xa hai almacéns que ofertan devolucións de Amazon aos seus clientes. E non só expoñen os produtos que lles reciben para a súa venda directa ao público, senón que tamén xogan coa ilusión dos compradores, creando paquetes sorpresa que o cliente merca por un determinado prezo coa esperanza de que dentro haxa produtos que superen que pagou por eles (aínda que tamén pode pasar ao contrario). Agora, esta febre da sociedade consumista chega a Vilagarcía de Arousa, onde fai cousa dun mes abriu unha tenda, baixo o nome Remate Total, na que se fai o mesmo, aínda que con prezos máis axustados aos nosos petos: todo a cinco e dez euros.

O triunfo foi total, como di o seu nome. Todos os días hai colas na porta ás 10 da mañá para entrar os primeiros ao local e poder facerse cos paquetes que semellan levar dentro mellores cousas. Nunha hora todo queda agotado. E, aínda que se repón pola tarde, sucede o mesmo. Poderíase dicir que o horario desta tenda podería ser de apertura só unha hora de mañá e unha de tarde e sería suficiente, pois despois dese tempo xa non queda nada que vender. Hai quen di que dentro dun paquete de 10 euros atopou un dron por moito máis prezo, ou un móbil. A voz correuse rapidamente e agora os propietarios non dan acarrexado palés de devolucións, que traen dende Alemaña. Quítanllos das mans!

Queres ver o vídeo? Preme neste enlace!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta