A Garda Civil incauta 55 quilos de peixe e marisco nunha embarcación furtiva en Cee

As especies vivas incautadas foron reintegradas ao seu hábitat, entregando o resto a Caritas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2023 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A patrulla do Seprona de Corcubión, en colaboración coa Garda Civil de Muxía, incautou 55 quilos de peixe e marisco de diferentes especies e unha embarcación furtiva sorprendida en Cee.

Os feitos sucederon cando efectivos do Seprona que se atopaban realizando un servizo especial de prevención do furtivismo observaron unha embarcación que navegaba pola ría sen sinalización e coas luces apagadas, realizando "manobras estrañas de aproximación á costa".

Ante a posibilidade de que a embarcación sufrise algunha incidencia ou estivese a realizar algún tipo de actividade ilegal, os gardas civís realizaron o seguimento ata a súa chegada a porto.

Unha vez atracada, coa colaboración dos compoñentes dunha patrulla da Garda Civil do Posto de Muxía, procederon á identificación dos ocupantes da embarcación e á comprobación das capturas que transportaba, as cales consistían nun capacho con 5 quilos de choco 4 quilos de peixe.

Ante a sospeita de que os tripulantes fondeasen parte das capturas nunha das manobras observadas, a Garda Civil realizou unha procura pola zona, achando unha rede fondeada a cal contiña 40 quilogramos de centolla e 5 quilos de lubrigante.

Os axentes procederon á incautación das capturas e da embarcación. As especies vivas incautadas foron reintegradas ao seu hábitat, entregando o resto a Caritas de Cee, mentres que a embarcación quedou inmobilizada no porto desa localidade.

O GROVE Mariscos
O GROVE Mariscos | Fonte: Remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta