O Parlamento comeza a desenvolver a Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres

Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse este luns co conselleiro Román Rodríguez, con Goretti Sanmartín, e e co arcebispo de Santiago, Franscisco José Prieto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse este luns co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e co arcebispo de Santiago, Franscisco José Prieto, para iniciar os trámites previstos na Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada por unanimidade co respaldo de diferentes institucións e entidades.

Na reunión, acordaron iniciar os trámites encamiñados a constituír e rexistrar a Fundación Panteón de Galegas e Galegos, así como os referirse a que tanto a Arquidiocese como o Concello de Santiago cedan á futura Fundación o uso, respectivamente, da Igrexa de San Domingos de Bonaval e da parte do terreo público municipal imprescindible, dada a súa vinculación física con el. Tal e como trasladou a Cámara nunha nota de prensa, Santalices agradeceu a predisposición de todas as partes para completar estes trámites.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices reúnese con Román Rodríguez;con Goretti Sanmartín; e co arcebispo, Francisco Prieto. PARLAMENTO
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices reúnese con Román Rodríguez;con Goretti Sanmartín; e co arcebispo, Francisco Prieto. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta