PP e PSdeG din que o BNG quere rebaixar o voto aos 16 anos para mellorar os seus resultados electorais

Olalla Rodil defende que é un debate sobre "un dereito" non acerca da quen van votar e ironiza coas expectativas que lle outorgan

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A proposición de lei impulsada polo BNG para, entre outras cuestións, rebaixar a idade de voto e situala a partir dos 16 anos foi rexeitada cos votos do PPdeG, mentres que o PSdeG expresou tamén que lle xeraba "máis dúbidas que certezas" e abstívose. Os nacionalistas quedaron sós nesta petición ás portas dun proceso electoral autonómico, o que tamén motivou o rexeitamento, posto que se observou unha falta de tempo e un intento de cambiar as "regras de xogo", en palabras dos populares.

É máis, tanto o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, como o socialista, Luís Álvarez, suxeriron que podería ter que ver coas expectativas electorais. O socialista puxo encima da mesa "tampouco queremos concluír" que é "populista", é dicir, aquela medida que se fai "para beneficiar á base de apoio" de para quen se fai.

Pola súa banda, o deputado popular ironizou coas "prioridades" do BNG e atribuíu esta iniciativa a que o BNG quere "darlle unha coartada a Ana Pontón ante a perspectiva dun fracaso político". "Como lle deben de dar as enquisas!", ironizou Pazos, quen dixo que o PP non está en contra de abordar estas cuestións, pero non no tempo de desconto da lexislatura.

DEFENSA DA PROPOSTA

A portavoz adxunta do BNG defendeu a proposta e salientou que só era "unha toma en consideración" e, posteriormente, "cada grupo" pode presentar as emendas ou cuestións que "considere oportunas".  Así, Rodil tamén ironizou coas expectativas que lle dan ao BNG por que poidan votar os mozos desde os 16 anos. Dito isto, observou que o censo nin sequera cambiaría en exceso e que "non vai cambiar o resultado electoral por ver o censo". "Non é un debate da quen lle van a votar, é un debate sobre o dereito a voto", incidiu a parlamentaria.

A iniciativa lexislativa tamén pretendía regular por lei dous debates electorais nos medios públicos, en horario de máxima audiencia. Rodil lamenta que se siga co mesmo tipo de distribución e tipo de tempo de propaganda electoral en pleno século XXI, cando as características comunicativas cambiaron.

Adolescentes e mozos
Adolescentes e mozos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta