Un estudo revela que seis de cada dez adultos sofren estrés no Nadal

O 70% dos entrevistados asegura que as compras destas datas son a principal fonte de tensión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/12/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Nadal vén cargado de momentos máxicos, pero tamén de estrés e ansiedade para unha gran parte da sociedade. Os aspectos que máis preocupan son os gastos económicos e os múltiples compromisos sociais. Así o revela o último estudo de Nascia, no que indica que o 65% das persoas consultadas confirman experimentar tanto ansiedade como estrés nos días previos a estas datas e durante as mesmas. Entre os datos tamén destaca que o 70% dos afectados asegura que as compras de Nadal son a principal fonte deses sentimentos negativos; as celebracións xeran preocupación a un 48% e as mensaxes de nadal a un 30%.

Compras do Nadal
Compras do Nadal | Fonte: Europa Press - Arquivo

O informe revela que as mulleres teñen maior responsabilidade nesta época e por isto teñen tamén máis dificultades para conciliar a súa vida laboral e persoal. Cales son os principais síntomas ou indicadores? Dores de cabeza, pmusculares, problemas de estómago e para durmir. A maioría das persoas explican que teñen pensamentos negativos, máis irritabilidade e sensación de perder o control. "A ansiedade provoca que o corpo non funcione como debería e convivir con iso fai que as celebracións sexan difíciles" relatan fontes de Deusto Salud. 

A INFLACIÓN AUMENTA A ANSIEDADE

O 44% da poboación mundial decidiu mercar con moita antelación medo á inflación, de xeito que o 10 de novembro xa tiñan todos os agasallos. Segundo o estudo 'Holiday shopping 2022' de Ipsos. O incremento dos prezos provoca estrés no mundo enteiro e afecta negativamente á sensación que transmite o Nadal. Un 87% sente estrés pola inflación e o 55% está máis agobiado que o ano pasado. Ante isto, gran parte da sociedade non ve esta época como un momento de felicidade, senón de gastos. 

Entre os consellos que dan os expertos están realizar exercicio diario, xa que reduce nun 40% esa sensación de malestar; técnicas de relaxación e ter hábitos saudables de alimentación, consumo de auga e horas de sono. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta