Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2023 | Actualizada ás 19:39
Os alcaldes dos concellos da área da PAC de Castro Caldelas mantiveron unha reunión co presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense para tratar unha solución que alivie a carga de traballo da farmacia 24H de Castro Caldelas.
Así, segundo trasladaron nun comunicado asinado polos alcaldes de Castro Caldelas, Parada de Sil, A Teixeira, Montederramo e Chandrexa de Queixa, pediron á Consellería axuda para que a solución "non prexudique a esta zona rural" e, polo tanto, aos cidadáns do cinco municipios.
Mentres, explicaron, a situación das gardas mantense tal e como funcionou ata o momento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.