Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 23:49
Volveu Besteiro a lidera o PSdeG tras oito anos no ostracismo político. Volvía dos infernos para tentar sacar ao PSdeG no pozo no que está desde que Emilio Pérez Touriño deixou o partido con 25 deputados en 2012. Desde entón e, sucesivamente, os socialistas galegos foron perdendo votantes e deputados ano tras anto, ata este 18F, co peor resultado da súa historia.
Besteiro que viña da man de Sánchez non conseguiu salvar ao PSdeG dos seus peores resultados históricos a pesar de ser sinalado polo partido en Galicia e por Ferraz como o candidato chamado a remontar á formación. O político, que encabezou a lista pola provincia de Lugo, cultivou este domingo un 14,17% dos votos, un resultado que sitúa ao PSdeG por baixo dos 14 escanos logrados por Xoaquín Fernández Leiceaga (obtivo un 17,88% do voto) e Gonzalo Caballero (19,38% do voto).
Besteiro non puido co vendaval do BNG, nin co "fenómeno Pontón". Chegou tarde a liderar o o partido e acabou moi mal. Como el mesmo dicía, pasou un inferno cando a xuíza Pilar de Lara o investigou por seis delitos e tras unha denuncia da líder do PP de Lugo. Rexurdiu dese inferno e volveu caer noutro, noutro ao que non o botou unha xuíza, senón os votantes. Por iso, Besteiro confirmou que, como pasou durante eses anos de ostracismo político, tomará posesión como deputado no Pazo do Hórreo, para saír dese segundo inferno e tentar abrir unha "nova etapa" no PSdeG e recuperar a confianza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.