Rueda reivindica o 'mentoring' como "un estímulo" para a mocidade na inserción laboral

Así poden "disipar dúbidas" de cara a decidir o seu futuro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou os programas de 'mentoring' como "un estímulo" para a inserción laboral dos mozos, que así poden "disipar dúbidas" de cara a decidir o seu futuro.

Así o destacou na súa intervención durante un encontro con decenas de participantes e cos organizadores dos programas 'Xuventude Mentoring' e 'Xuventude Mentoring na Empresa', na Cidade da Cultura de Santiago. Rueda puido coñecelos e intercambiar unhas pequenas palabras con eles acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

O presidente da Xunta celebrou que, con estes programas, os participantes poden gañar en "habilidades sociais" e ter un "contacto directo co mundo real" desde o punto de vista laboral, grazas a persoas que "falan da súa profesión con paixón".

"A Xunta pon en contacto á xente: aos que xa están cos que queren estar. E un 26 de decembro, o cal quere dicir que hai interese, porque queredes estar, porque sabedes que isto é bo e achega", reflexionou Rueda.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervén no encontro con participantes dos programas 'Xuventude Mentoring'.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, intervén no encontro con participantes dos programas 'Xuventude Mentoring'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta