A Garda Civil mantén abertas todas as liñas de investigación no suceso do coche que caeu ao mar en Boiro

Están á espera de visionar as imaxes das cámaras de seguridade do porto deportivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2023 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A Garda Civil mantén abertas todas as liñas de investigación no caso do vehículo que o pasado 22 de decembro caeu ao mar no porto de Escarabote, en Boiro. Segundo informou o 112, foi un particular o que ao fío das 23,15 horas do venres deu a voz de alarma e indicaba que un vehículo acababa de caer ao mar.

O home falecido era o único ocupante do vehículo, co freo de man posto, e "desde o primeiro momento", as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

Fontes próximas ao caso matizan que, neste tipo de sucesos, téñense en conta todas as hipóteses desde un primeiro momento, neste caso, tamén a posible implicación de terceiras persoas. Agora, están á espera de visionar as imaxes das cámaras de seguridade do porto deportivo para continuar a investigación, da que non posúen aínda "ningunha conclusión".

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta