O PSdeG acusa a Rueda de "normalizar" as agresións a políticos e "fomentar a impunidade"

Deputadas e cargos socialistas arroupan a Iria Malvido no Parlamento, desde onde volven pedir o cesamento de José Luís Gestido.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 27/12/2023 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, cargou contra o presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, por "liderar" os "malos tratos institucionais" que, ao seu xuízo, está a practicarse contra a tenente de alcaldesa de Cangas, Iria Malvido, tras o altercado vivido no último pleno municipal co edil do PP José Luis Gestido.

Este mércores, cargos e deputadas do PSdeG arrouparon a Malvido nunha comparecencia ante os medios no Parlamento de Galicia, desde onde volveron a demandar o cesamento de Gestido pola "agresión" que, din, cometeu o concelleiro popular.

Despois de que, o pasado martes, Rueda manifestase que os vídeos sobre o incidente non revelan que existise tal "agresión", as socialistas expresaron a súa "estupefacción total" con estas palabras do presidente galego, "que ten que representar a toda a cidadanía, a todos os cargos públicos e que ten que defender, sobre todo, á democracia".

Así o expresou a senadora e presidenta do PSdeG, Carmela Silva, durante unha rolda de prensa na que acompañou a Iria Malvido, que incidiu en que o vivido no último pleno municipal "non é un caso illado" pois, di, os membros do PP dedican "insultos" e "faltas de respecto" desde a formación do goberno de coalición no que exerce como número dous.

Deputadas e cargos socialistas arroupan á tienente de alcaldesa de Cangas, Iria Malvido, nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia. PSDEG
Deputadas e cargos socialistas arroupan á tienente de alcaldesa de Cangas, Iria Malvido, nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia. PSDEG | Fonte: Europa Press

PEDIR DESCULPAS

Para Carmela Silva, a actitude do líder do PP galego de "porse en contra da vítima" e "defender ao que agride" é unha forma de "malos tratos, neste caso institucional". Por tanto, incidiu en que Alfonso Rueda debe pedir desculpas e esixir a dimisión do seu edil en Cangas, ao que definido como "unha persoa agresiva" e "violenta" que "fixo o mesmo" que o concelleiro de Vox en Madrid, Javier Ortega Smith.

A expresidenta da Deputación pontevedresa manifestou as súas dúbidas sobre o que podería ocorrer se os compañeiros de goberno "non saísen a defender" a Malvido despois que Gestido "percorrese todo o plenario cunha actitude violenta para dirixirse" á edil "coa man estendida".

"Todos vimos unha actitude violenta. A única persoa que non a viu foi o señor Rueda", aseverou Silva, que engadiu que "da agresividade total" que aprecia no PP e en Vox "é fácil dar o paso á violencia física", á vez que sentenciou que o presidente popular coas súas palabras "normalizou a agresividade, fomentando a impunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Eu vín a man estendida da tenente alcalde de Cangas, esgrimindo o seu mobil a xeito de arma de destrución masiva... Ummmm cada quen mira o que quere mirar... Claro que se podemos empuñar o mobil e gravar a quen se nos poña por diante... a cousa cambia... Mañán vou sair á rúa e gravar á Marquesa de Toralla... a ver que tal lle senta...?