A Xunta concede o V Premio CGAC de Investigación e Ensaio ao historiador e documentalista Aitor Hernández Marcos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2024 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Xunta concedeu o V Premio CGAC de investigación e ensaio a Aitor Hernández Marcos polo traballo 'A escola da noite', que obtivo a máxima puntuación por parte xurado nomeado para o efecto. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución deste galardón, dotado con 3.000 euros.

A decisión foi adoptada por unanimidade polo xurado presidido polo director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo, e integrado pola escritora e ensaísta Rebeca Baceiredo Pérez e os profesores Almudena Fernández Fariña e Juan Manuel Monterroso Montero.

Todos eles destacaron a orixinalidade do texto presentado por Hernández Marcos, quen, en palabras do xurado, nas páxinas do seu ensaio "consegue debuxar unha suxestiva e cativadora biografía intelectual balizada por multitude de referencias de ámbitos como a filosofía, o cinema ou a literatura universal".

Arquivo - Exposición CGAC. XUNTA - Arquivo
Arquivo - Exposición CGAC. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta