Estudantes da USC revitalizan o rural a través da ferramenta tecnolóxica Ga-Link

Entre os seus usos está coñecer a oferta de lecer, así como as distintas actividades e eventos.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/01/2024 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

Estudantes do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) revitalizan o rural con Ga-Link, unha plataforma premiada no III Terra Creative Jam a través da que se dá a coñecer a oferta de lecer, así como as distintas actividades e eventos que se celebran en toda a xeografía galega.

Segundo informa a USC, esta nova ferramenta tecnolóxica xurdida no evento de xeración de ideas promovido polo Campus Terra xunto coa área de Valoración, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC en colaboración coa incubadora Lug Open Factory, pretende ser "un pequeno remedio fronte á deslocalización e o descoñecemento".

A idea impulsada nun inicio por cinco estudantes do Campus Terra, pero á que na actualidade dan continuidade tres estudantes do grao en Robótica na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, pretende "dar a coñecer dunha maneira directa todas as actividades, produtos e todas as experiencias que ofrecen os pequenos pobos de Galicia".

Ga-Link xorde en resposta, cando menos en parte, ás necesidades advertidas por Juan Hernández, Gabriel Barrigón e Abel Belhaki, tres estudantes procedentes de Albacete, Cáceres e Murcia, respectivamente, que na súa estancia en Lugo botaron en falta a dispoñibilidade dunha axenda en tempo real para consultar o que pasa á súa ao redor. Ademais, ofrece a pequenos concellos, aldeas e empresas unha plataforma aberta para darse a coñecer.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Universidade de Santiago de Compostela (USC). UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta