Pedro Soler, médico: "Estamos vendo a pacientes con sintomas de gripe que perduran ata un mes"

Cal é a situación que se vive nos hospitais? Estamos preto do pico de casos?

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 11/01/2024 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Como se vive a presión asistencial nos hospitais na actualidade? Pedro Soler é médico de familia, traballa no hospital Montecelo en Pontevedra e membro da asociación Batas Blancas. Recoñece que están vendo como cada vez ingresan máis pacientes con gripe, principalmente gripe A, con sintomatoloxía importante polo que di que a medida de obrigatoriedade de máscaras é máis que necesaria. Porén, fai fincapé na necesidade de empregar a máscara non só no ámbito sanitario, senón en calquera lugar pechado no que se reúna unha cantidade considerable de xente: transporte público, cafeterías... "Na época que estamos sería moi necesario vendo os ingresos diarios en hospitais". 

Proba PCR e antíxeno da covid
Proba PCR e antíxeno da covid | Fonte: JCCM

O PICO DE CASOS 

Durante estes días a pregunta máis repetida é si se chegou ao pico de casos. Soler indica que teóricamente non se chegou aínda. Explica que están vendo gripes que cuxa sintomatoloxía perdura e moita xente arrastra, por exemplo, tos residual ou cansancio que dura 20 días e ata un mes. "Non estamos aínda no pico máximo, creo que vai tardar un pouco". 

Cal é o perfil do paciente que ingresa por gripe ou covid?"Fundamentalmente, xente maior de 70 ou que xa ten patoloxías crónicas, cardíacas ou respiratorias. Comenta que hai unha presión asistencial importante por mor da xente que precisa ingreso: "Traballo no hospital en Pontevedra e o outro día había 30 ou 40 pacientes ingresados con gripe A". 

AS "AUTOBAIXAS" UN PERIGO NO SECTOR PÚBLICO

Que lle parece a medida proposta de Sanidade de "autoxestionar" baixas laborais por enfermidade leve? "Paréceme ben se fósemos un país serio". Soler fai fincapé en que os traballadores do sector privado teñen unha disminución do soldo correspondente aos primeiros días de baixa. "Lóxicamente, si te autoregulas a baixa, andarás con ollo porque isto suporía unha perda de soldo", recoñece. Porén, di tamén que si se aplica no sector público, "os ingresos son do 100% traballando ou de baixa" e por tanto considera que coller unha baixa de tres días "non che supón consecuencias". Entón, cre que é unha boa medida para quitar trámites burocráticos na atención primaria, pero tamén "outro perigo presente no sector público". 

Entre as recomendacións a seguir pola sociedade nestes momentos destaca a importancia da hixiene de mans "imprescindible, tanto como a máscara". Apela á responsabilidade individual á hora de poñela en situacións na que a requira, máis alá de ser obrigatoria en hospitais ou centros de saúde. "Notei que a xente está máis sensible con esta cuestión e xa hai días nos que se ve pola rúa, sobre todo, a xente maior coa máscara como protección e por precaución. Esta imaxe fai anos era impensable en España", conclúe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta