Sobe o IPC un 3,2% en 2023 tras a gran suba dos alimentos sanidade, vestido e calzado

Só o custo da vivenda, a auga, a electricidade, o gas e outros combustibles caeu un 6,5% o ano pasado en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2024 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) quedou no 3,2% a peche de 2023 en Galicia, cunha subida do prezo dos alimentos do 7,2%, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Desta maneira, o IPC situouse na Comunidade unha décima por encima da media nacional, xa que no total de España esta cifra foi do 3,1% en decembro, co prezo dos alimentos disparándose nos últimos doce meses nun 7,3%. En Galicia, as bebidas alcohólicas e o tabaco encarecéronse un 2,6% o ano pasado, mentres que o vestido e o calzado fixo o propio nun 1,2%. Os mobles e os artigos do fogar aumentaron o seu custo un 2,6%, así como a sanidade, que subiu un 1,8%.

O transporte tamén incrementou o seu prezo un 4,4%, así como as comunicacións, que subiron un 3,1% e o lecer e a cultura, un 2,6%. O ensino (+2,8%), os restaurantes e hoteis (+6,2%) e outros bens e servizos (+3,9%) tamén subiron de prezo en 2023.  Só o custo da vivenda, a auga, a electricidade, o gas e outros combustibles caeu un 6,5% o ano pasado en Galicia.

Unha persoa compra alimentos nun mercado, a 11 de agosto de 2023, en Lugo, Galicia
Unha persoa compra alimentos nun mercado, a 11 de agosto de 2023, en Lugo, Galicia | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta