Desaloxados dous pisos dun edificio por unha fuga en Vilagarcía

Non houbo que lamentar danos persoais.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/01/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Dous pisos dun edificio de Vilagarcía tiveron que ser desaloxados por unha fuga de gas que non provocou danos persoais, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias. Os feitos ocorreron media hora despois deste mediodía. Un dos veciños foi quen alertou ao 112 Galicia deste suceso, que se rexistrou nun inmoble da avenida de Rosalía de Castro.

Como o depósito do gas atópase no último piso, os servizos de emerxencias evacuaron varios domicilios mentres duraron os traballos dos técnicos da empresa subministradora xa que as primeiras medicións realizadas polos efectivos do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía resultaran positivas. Os afectados puideron regresar ás súas vivendas pouco despois, ao redor das 14 horas. No operativo participaron, ademais do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía, os axentes da Policía Nacional e Local e os técnicos da empresa subministradora do gas.

Policía Local Vilagarcía
Policía Local Vilagarcía | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta