GC Aberto

O mellor carril bici é o que non existe...

Un proxecto sensato de carril bici para Vigo. Dende Guixar e seguindo por Orillamar ate Bouzas e Samil para conectar con Baiona e A Garda. Ademáis dunha aposta decidida pola bicicleta na cidade máis poboada de Galicia sería unha oferta turística magnífica con máis de 50 quilómetros ao bordo do mar. Alguén dá máis, por menos?

Por Gamela | GC ABERTO | 04/08/2015

Comparte esta noticia

Sabemos que o mellor carril bici é o que non existe...

... pero cando os usuarios de automóbiles cren que teñen dereito a invadilo todo, arrinconando aos demáis só porque dispoñen duns cabalos subvencionados (que sería deles sen os plans Renove!) mentres os ciclistas non poden circular con seguridade nas cidades, entón é cando debemos esixir un carril bici en condicións de igualdade.

...pero cando unha boa parte da cidadanía considera á bicicleta como un medio de transporte obsoleto e pouco eficaz no mundo actual, cando a considera exclusivamente un vehículo para o lecer ou o deporte de competeción e négase a implementar o seu uso cotián -como ocorre en miles de cidades -, é cando temos a obriga moral de esixir un carri bici que faga posible ás novas xeracións incorporarse á bicicleta en condicións de igualdade.

...pero cando os nosos políticos preséntanse en campaña unha e outra vez defendendo o uso da bicicleta e utilízana como reclamo electoral para obter os votos da cidadanía, entón debemos reclamar aquilo que prometeron e recordarlles que só quen é capaz de cumprir os seus compromisos é digno de confianza.

Pero cando dicimos que o mellor carril bici é o que non existe queremos dicir que o dereito á liberdade de circulación en bicicleta non debe ser regulado e circunscrito a un determinado circuíto, xa padecemos o efecto perverso do que algúns denominan carril-bici entre Vigo e Baiona e que lonxe de ser un lugar seguro converteuse nunha trampa para ciclistas que ademais ven coartada a súa liberdade para o uso da calzada ao dispor dunha especie de rateira que os segrega do resto do tráfico.

Non basta con pintar unha raia na cuneta para lavar a mala conciencia de quen no fondo odia a quen mostra día a día que a bicicleta pode converterse nun medio de transporte alternativo, pacífico e saudable.

Os ciclistas -mellor cliclousuaríos- non temos que vestir un maillot nin competir en ningunha carreira, nin somos raiders que baleiran a súa adrenalina contra o asalfalto a xeito de terapia... somos simple e lisamente cidadáns que descubrimos que a bicicleta é o mellor modo de desprazarnos cotidianamente na cidade sen estrés, sen perder tempo buscando aparcamentos imposibles, sen custo para o noso peto nin sobrecarga para o medio ambiente e que ademais somos capaces de pacificar o tráfico nas nosas saturadas cidades.

Somos homes e mulleres que desexamos vivir en paz, sen tragar os malos fumes de quen á hora de saír dun semáforo só alcanza a ver o xeito de chegar canto antes ao seguinte aínda que para iso poña en perigo a integridade física de quen pedalea para realizar exactamente o mesmo percorrido que el, queremos que comprendan, dunha vez por todas, que, polo menos, temos o mesmo dereito a circular con seguridade que eles a invadir de ruído e gases a cidade.

Non comprendemos como algúns seguen defendendo o coche privado cando son auténtica praga para as nosas cidades, invaden as rúas cos seus aparcamentos en superficie buscando desesperadamente calquera oco para deixar esas chatarras ao sol, afeando avenidas e paseos e impedindo circular e cruzar libremente por calquera lugar que non sexa un "corral" para peóns chamados pasos de cebra ou semáforos.

Realizamos obras faraónicas para gardar en subterráneos os automóbiles que xa non caben en superficie cun custo moi considerable... mentres racaneamos un pequeno investimento que podería converter a cidade nun espazo saudable e feliz.

Sabemos que para lograr unha convivencia san entre peóns, ciclistas e condutores deberamos entender que a diferenza é un valor en sí mesma, e que todas as formas de desprazamento merecen un respecto e que é erróneo ver ao outro como rival en lugar de como complemento.

Todos somos peóns, todos somos condutores, todos somos ciclistas !


Tramo 01

Tramo 02

Tramo 03

Tramo 04

Tramo 05

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Gamela

Só tes que sacar a túa bici e pasear por Vigo... https://goo.gl/5p3YME Cada día somos máis... cívicos!

1 Gamela

Hai acordos parlamentarios que morren antes de nacer [ http://goo.gl/pUqoyK ] se lle preguntas ao alcalde de Vigo polo carril bici: nin sabe nin responde, pero en campaña electoral todos teñen unha foto en bici (?) Aquí deixo o texto aprobado por unanimidade no Congreso: "El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a incluir, en el nuevo Reglamento General de Circulación, la movilidad de la bicicleta como medio de transporte preferente en el ámbito urbano, de acuerdo con la Estrategia de Seguridad Vial 2011-2020. Insta, también, a la elaboración de un Plan Estatal de carácter estratégico para la promoción de la bicicleta". Madrid a 28 de mayo de 2015.