O dinosauro de Vigo arrasa nas redes sociais

Crean un perfil en FB e en twitter co famoso dinosauro instalado na rúa Rosalía de Castro. O incendio de Freiremar serviu para facer numerosas composicións con este seto sauro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/08/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Hai pouco máis de dous meses que o “Dinoseto”, un seto con forma de dinosauro, é a nova atracción de Vigo. Primeiro o concello colocouno nun parque infantil de Navia, pero visto o seu éxito, decidiu trasladalo á centrica rúa Rosalía de Castro, onde foi motivo de numerosos comentarios, críticas e artigos xornalísticos.

Composición co famoso dinoseto de Vigo
Composición co famoso dinoseto de Vigo

De feito, foi tal o seu éxito que mesmo xurdiu un perfil do famoso sauro verde en Twitter e FB, que ten xa máis de 6.000 siareiros. Nestas redes sociais apareceron nos últimos días vídeos musicais versionados sobre a figura do “Dinoseto”.

Tamén numerosas composicións fotográficas que aproveitan o incendio que este luns afectou á fábrica de Freiremar para facer protagonista do mesmo ao famoso dinosauro.  Unhas composicións que están sendo moi comentadas a través das redes sociais.

Composición co famoso dinoseto de Vigo
Composición co famoso dinoseto de Vigo

Composición co famoso dinoseto de Vigo
Composición co famoso dinoseto de Vigo
Composición co famoso dinoseto de Vigo
Composición co famoso dinoseto de Vigo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

é lástima que estas redes sociais non estiveran activas nas últimas municipais... seica o Dinoseto sacou 73.000 votos e maioría absoluta para multiplicarse por todo Vigo durante 4 anos máis... Pero benvido sexa o DinoSeto se grazas a él o mundo coñece como as gasta Abel...