Excarcerada unha persoa tras sufrir unha saída de vía e chocar contra un muro en Cambados

O coche causou danos nun poste de subministración eléctrica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2024 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que se excarcerada tras sufrir unha saída de vía no lugar A Barca, na parroquia de Castrelo, no municipio pontevedrés de Cambados.

Segundo detallou o 112, o accidente produciuse minutos antes das 4,30 horas e foi Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen informou de que unha persoa tivo unha saída de vía co seu vehículo e chocou contra un muro. Os xestores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Cambados.

Cando finalizaron as tarefas confirmaron que foi necesario usar o material de excarceración para liberar á persoa. Ademais, debido ao accidente o coche causou danos nun poste de subministración eléctrica, nunha parada de autobús e no muro dunha leira.

112  / Europa Press - Arquivo / Europa Press
112 / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta