Renfe reestrutura a súa área de Viaxeiros nun momento de aumento das protestas por atrasos en liñas

Será coordinada polo galego Javier Pérez, ata agora director de Alta Velocidade e Servizos Comerciais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2024 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Renfe reorganizou algúns dos seus postos directivos, trasladando á actual directora de Renfe Viaxeiros, Sonia Araújo, á dirección xeral de Innovación, Sustentabilidade e Transformación Dixital, mentres que o actual director de Alta Velocidade e Servizos Comerciais, o galego Javier Pérez, compaxinará este cargo coa dirección en funcións de Renfe Viaxeiros.

"Trátase dun novo avance na estratexia lanzada recentemente polo seu presidente, Raül Branco, para transformar a empresa durante os próximos anos, no marco do Plan Estratéxico 2028, co obxectivo de mellorar a competitividade, progresar cara a unha xestión máis eficiente, optimizar os recursos e garantir a sustentabilidade dos negocios da compañía", sostén Renfe nun comunicado.

Javier Pérez é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou en Renfe en 2010 e, desde entón, foi xerente de Galicia de Servizos Públicos, xefe da área de Coordinación de Servizos Comerciais no Corredor Norte e director da área de negocio de Alta Velocidade e Servizos Comerciais e representante institucional do grupo Renfe en Galicia.

Sonia Araújo é Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola Escola Politécnica Superior da Universidade de Madrid e máster en Prevención de Riscos Laborais. Foi directora xeral de Renfe Viaxeiros, directora da área de negocio de AVE e Servizos Comerciais e directora de Seguimento de Negocios e Transformación Dixital. Anteriormente traballou en diferentes consultoras como IBM, PwC e Soluziona.

Sonia Araújo, directora de Innovación, Sustentabilidade e Transformación Digitala; e Javier Pérez, director en funcións de Renfe Viaxeiros. RENFE
Sonia Araújo, directora de Innovación, Sustentabilidade e Transformación Digitala; e Javier Pérez, director en funcións de Renfe Viaxeiros. RENFE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta