Entidades culturais reclaman ás administracións que cumpran os prazos de pago para a súa "viabilidade"

Varias entidades plasmaron esta problemática nun comunicado indicando que nos períodos de pago de impostos, como este mes de xaneiro, en moitas ocasións aínda non se cobraron actuacións realizadas no verán ou en entroido do ano pasado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e a Asociación Galega de Empresas Musicais reclamaron ás administracións que cumpran os prazos de pago legais xa que estes atrasos están a afectar á "viabilidade económica" dun "número importante" de compañías.

Nun comunicado, ambas as entidades, que representan a máis de 160 axentes culturais e a 44 empresas, plasmaron esta problemática, indicando que nos períodos de pago de impostos, como este mes de xaneiro, en moitas ocasións aínda non se cobraron actuacións realizadas no verán ou en entroido do ano pasado.

Por iso, segundo dixeron, en ocasións é necesario recorrer a préstamos de entidades bancarias para facer fronte a estes pagos a outras administracións estatais.

"Se unha empresa non cobra a tempo, é moi probable que a parte artística tamén se vexa afectada e así unha longa cadea de profesionais que están conectados", lamentaron, pedindo "concienciación" da o funcionariado e aos políticos para que eviten demoras nos pagos.

"O feito de que ata decembro de 2023 non se cobrasen subvencións correspondentes ao exercicio 2022, xustificadas meses atrás, é outra anomalía que afecta ao día a día de entidades con e sen ánimo de lucro que en ocasións non teñen outra opción que avalar con fondos propios operacións crediticias para non cesar a súa actividade", engadiron.

Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo
Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta