O 58% das nais galegas recibiron comentarios negativos mentres daban o peito en público

Unha enquisa revela que o 90% extraeron leite fóra do ámbito privado algunha vez.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/01/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A lactancia en público segue sendo percibida coma un tabú na nosa sociedade, a pesar de ser un aspecto natural e esencial para moitas nais. Esta é unhas das conclusións que desprende da enquisa realizada pola marca Elvie. O estudo revela que máis da metade (58%) das nais galegas que participaron se enfrontaron a comentarios negativos ou miradas desaprobadoras ao dar o peito ou extraer leite en público. Ademais, o 73% delas foron instadas a ocultarse nalgún momento, sendo, Galicia, unha dos porcentaxes máis altos de todas as comunidades autónomas. 

Lactancia materna
Lactancia materna | Fonte: Arquivo

Galicia é un dos territorios cunha duración estimada de lactancia materna maior (13,4 meses) segundo a enquisa e, nese tempo, o 91% das nais galegas deron de mamar o extraído leite cun sacaleites en público nalgún momento. De feito, datos da Asociación Española de Pediatría (AEP) resaltan un aumento significativo na prevalencia de lactancia materna na última década. 

A experiencia de dar o peito en público aínda se ve afectada por un xuízo social e cultural que xera incomodidade. O 76% das nais manifestaron esta sensación en cafeterías, bares e restaurantes, sinalando que son estes establecementos as principais fontes de malestar, seguido polo transporte público. Á súa vez, o lugar de traballo presenta unha das porcentaxes máis altas de nais que se sinten incómodas en Galicia (14,3%). Pola contra, as reunións familiares preséntanse como algúns dos lugares onde menos incomodidade sentiu. 

Segundo a enquisa, Galicia é a comunidade española onde máis se bota en falta a dotación de instalacións que son "insuficientes". En conclusión, as taxas de lactancia están en aumento e isto trae factores negativos como a incomodidade, o xuízo moral cando o fan en público. A matrona Yanira Blanco explica que "é moi importante desestigmatizar a lactancia en lugares públicos, non só para facilitar a vida diaria das nais, senón tamén para contribuír a unha sociedade máis comprensiva e solidaria. Deberían poder extraer leite onde e cando queiran e ser libres para alimentar ao seu fillo con confianza e comodidade". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta