Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2024 | Actualizada ás 14:45
Os encoros galegos contan cun total de 3.091 hectómetros cúbicos de auga, o que supón 38 hm3 menos que hai unha semana, polo que a reserva baixa ao 83,2%, un punto menos que fai sete días.
Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica publicados este martes, tanto as reservas dos encoros de Miño-Sil (os máis abundantes) como as de Galicia Costa están por baixo das que había a estas alturas en 2023. En concreto, a reserva hídrica de Miño-Sil é 2.486 hectómetros cúbicos, menos que os 2.531 a peche de xaneiro en 2023. No entanto, sitúanse por riba da última década.
No tocante a Galicia Costa, a reserva é de 605 hectómetros cúbicos (638 hai un ano), de forma que está no 88,5%. Tamén se atopan en maiores valores que a media dos últimos 10 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.