18F.- Publicado o plan de cobertura de RTVE, que poderá ser recorrido polos partidos ata este mércores

Vox é a única que anticipou a súa intención de recorrer.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2024 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes o plan de cobertura informativa de Radiotelevisión Española (RTVE) para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro e ha oficializado o prazo para a presentación de recursos.

En concreto, os representantes das formacións políticas poderán presentar ante a Xunta Electoral de Galicia as reclamacións ou recursos que consideren pertinentes ata as 11,00 horas deste mércores 31 de xaneiro. Ata o momento, das formacións consultadas por Europa Press, Vox é a única que anticipou a súa intención de recorrer.

RTVE remitiu o plan o pasado venres á Xunta Electoral de Galicia. O documento mantén a súa formulación de debate a tres entre os candidatos do tres forzas agora representadas no Parlamento galego --PP, BNG e PSdeG-- para o 14 de febreiro. En todo caso, o PPdeG só confirma a presenza de Alfonso Rueda no debate de TVG do 5 de febreiro.

Aínda que non están convidados a esta cita por ser extraparlamentarias, as coalicións Sumar e Podemos están consideradas como "grupos políticos significativos", tal e como resolveu o pasado día 20 de xaneiro a Xunta Electoral a unha consulta de RTVE, polo que si terán tempos de entrevista no mencionado plan de cobertura.

GRUPOS POLÍTICOS SIGNIFICATIVOS

O plan de cobertura de RTVE, tal e como avalou en días pasados a Xunta Electoral, contempla a Sumar e a Podemos como "grupos políticos significativos" por ter polo menos un 5% do voto en Galicia nas xerais de 2023, polo que si terán tempo fixado para as entrevistas, non así para aparecer nos bloques informativos.

E é que se considera que Sumar e Podemos contan cun 5,46% cada unha --repártese a partes iguais o 10,92% conseguido en coalición--, mentres que Vox quedaría fóra ao obter un 4,87%. O partido de Santiago Abascal tampouco figura no plan de cobertura da CRTVG. O criterio a seguir polo ente autonómico foi, precisamente, a resolución da Xunta Electoral de Galicia a unha consulta de RTVE.

Nos bloques informativos de RTVE terán garantido un tempo fixo PPdeG, BNG e PSdeG, como partidos con representación no Parlamento, en proporción ao seu número de escanos.

Sumar e Podemos, ao ser "grupos significativos", contarán cuns minutos de entrevista, mentres que nos informativos poderían aparecer, pero con menor tempo, igual que outras formacións como Vox.

Debate organizado por RTVE
Debate organizado por RTVE | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta