A borrasca Karlota barre Galicia deixando preto de 700 incidencias

Houbo atrasos en trens e avións e estradas cortadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O paso da borrasca Karlotta por Galicia saldouse con 700 incidencias atendidas polos servizos de emerxencias, problemas en voos e tráfico de trens, así como choivas copiosas e ventos de gran intensidade, que chegaron a superar o 200 km/h.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, entre as 6.00 horas da madrugada, na que empezou a notarse con forza a borrasca, e a medianoite, rexistráronse 689 incidencias relacionadas co temporal, sobre todo por caída de distintos obxectos nas estradas, así como desprendementos de fachadas, cubertas e carteis.

O groso das incidencias produciuse ata as 18,00 horas --máis de 600--, mentres que a borrasca, xa en avance, foi amainando co pasar das horas. Entre as 18,00 horas e a medianoite houbo 79 incidencias atendidas polos servizos de emerxencias.

As incidencias máis frecuentes tiveron que ver con obxectos que obstruían as estradas, como árbores e ramas (293), cables (62) ou distintos obxectos. A maiores, tamén destacan as accións levadas a cabo polos equipos de emerxencias para evitar riscos (119).

A provincia da Coruña foi a máis afectada os efectos da meteoreología adversa, con 285 incidencias; seguida de Lugo, con 230; Pontevedra, con 145; e Ourense, con 27. Por municipios, os máis afectados foron A Coruña (29), Vigo (27), Mondoñedo (26), Viveiro (25) e Santiago (23). Aínda que a maioría das incidencias non revestiron gravidade, a caída de árbores e ramas nas estradas si provocaron alteracións no tráfico.

Dúas persoas refúxianse do vento con paraugas na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Dúas persoas refúxianse do vento con paraugas na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta